VIDE, VIDE

VIDE, VIDE VIDE, VIDE! Espazo enocultural Tenda especializada en Santiago de Compostela adicada á divulgación da cultura dos viños galegos.

Terra de Asorei Cepas Centenarias 2023Por fortuna onte puidemos atender moi agradecidos o amabilísimo convite de Roque D...
31/01/2025

Terra de Asorei Cepas Centenarias 2023

Por fortuna onte puidemos atender moi agradecidos o amabilísimo convite de Roque Durán para a presentación en primicia do seu novo viño de cepas centenarias. Será agora presentado en Barcelona e en Alemania, e non sairá ao mercado ata outubro deste ano.

O albariño procede da finca do Ouso da Torre, viñas rexistradas en 1902, mais con referencias documentais nos séculos XIX, no XVI e chegando mesmo ao século XII como propiedade de San Martiño Pinario.

A viña foi traballada contemporaneamente por Germán Pintos, o seu fillo Ramón e o seu neto Tino Pintos, hoxe integrante da adega Terra de Asorei. Unha adega familiar con vocación de facer bos viños de orixe Salnés para a xente de aquí e para todo o mundo.

Compartimos a paixón e a súa visión do viño como parte integrante da cultura e identidade galegas. E encantounos probar un viño especial elaborado a partir de 140 cepas centenarias da finca, cun proxecto pioneiro de trazabilidade dixital cepa a cepa para demostralo.

Moitas grazas polo recibimento e moitísima sorte co novo proxecto.

Chégannos novas de Antonio Portela desde Cangas do Morrazo. Colleita 2023 de Praia de Areabrava que elabora por vez prim...
27/01/2025

Chégannos novas de Antonio Portela desde Cangas do Morrazo. Colleita 2023 de Praia de Areabrava que elabora por vez primeira na adega de O Morto Wines. Moito espadeiro branco e algo de albariño vello cun ano de crianza en ánfora. Viñas da praia.

PARA BEBER AUGA E VIÑO E ESTARMOS XUNTOSBernardino GrañaColle a modo ascuas do fogoreconstruído do teu larcoa túa man e ...
23/01/2025

PARA BEBER AUGA E VIÑO E ESTARMOS XUNTOS
Bernardino Graña

Colle a modo ascuas do fogo
reconstruído do teu lar
coa túa man e co teu soño,
onde non reina o alquitrán.
Con unto de porcos bravos
e estrugas dos ortigais.
Con chispas e lostregazos
e tronos dun temporal.
Sacando con viño as nubes
que entoldan o teu ollar.

Con viño ao caír do sol
e con auga na mañán.
Con pingas limpas, correntes
dunha fonte perenal,
das vellas fontes dos montes
con auga sempre a cantar.
Derrete ese lazo, o xelo
do duro egoísmo e vai
sacando con viño as nubes
que entoldan o teu ollar.

Desterra á barranca a mala
araña co seu tear.
Condena no seu burato
o fel do lagarto arnal.
Derruba a caivanca fonda
serpes mudas, sen campás.
E bota un urro moi forte
do teu peito, e un cantar,
sacando con viño as nubes
que entoldan o teu ollar.

Un cantar pola túa boca,
pero un cantar comunal,
non privado, solidario,
o verdadeiro cantar.
Pancada na alma caída,
abalo de espabilar,
sacando con viño as nubes
que entoldan o teu ollar.

I a dona sorría con ollo entraberto,comendo castañas e viño con mel...¡Qué festa, Ma**ca!... Todiños peneques...I a nosa...
21/01/2025

I a dona sorría con ollo entraberto,
comendo castañas e viño con mel...
¡Qué festa, Ma**ca!... Todiños peneques...
I a nosa señora detrás do tonel.

E como transitamos do espumante ao día a día, nós acompañamos.Caixa Atlántica>> bos viños>> de boas viñas >> e boas pers...
14/01/2025

E como transitamos do espumante ao día a día, nós acompañamos.
Caixa Atlántica>> bos viños>> de boas viñas >> e boas persoas >> en baginbox

Días de choiva
08/01/2025

Días de choiva

O 2025 xa vai traendo os primeiros viños novos do 2024, unha anada que iremos descubrindo e gozando pouco a pouco.
07/01/2025

O 2025 xa vai traendo os primeiros viños novos do 2024, unha anada que iremos descubrindo e gozando pouco a pouco.

Os reis magos, polo que nos contan, sempre agradecen moito a reposición de existencias domésticas nestas datas para sobr...
03/01/2025

Os reis magos, polo que nos contan, sempre agradecen moito a reposición de existencias domésticas nestas datas para sobrelevar o frío inverno 😉 ❄️💫🐫🐫🐫

Moi contentos de volver sentir a vosa proximidade e formar parte das vosas escollas para mesas e agasallos nestas festas...
24/12/2024

Moi contentos de volver sentir a vosa proximidade e formar parte das vosas escollas para mesas e agasallos nestas festas.
Bo nadal e moitas grazas.

A selección Brinde vai de camiño ás casas das socias e socios do noso club. Unha selección especial co 30% de desconto e...
21/12/2024

A selección Brinde vai de camiño ás casas das socias e socios do noso club. Unha selección especial co 30% de desconto envío incluído.

✅ Brinde Brut Reserva 2014
Espumante pioneiro e xa clásico de burbullas de godello emerxentes das covas de Valdeorras.

✅ Atinado 2022
Elegantísimo branco portugués da variedade encruzado con crianza en castiñeiro.

✅ Village 2023
Novedade de castes tintas minoritarias e ancestrais das históricas viñas de Gomariz.

❗Novo Village tinto de Sebio. Xa na tenda. Esta semana tamén o domingo 👈🏽👈🏽
20/12/2024

❗Novo Village tinto de Sebio.
Xa na tenda. Esta semana tamén o domingo 👈🏽👈🏽

Bruto Reserva 2020Quinta de Arcossó Tras•Os•MontesPinot Noir e Chardonnay26 meses en rimaMétodo clásico
19/12/2024

Bruto Reserva 2020
Quinta de Arcossó
Tras•Os•Montes
Pinot Noir e Chardonnay
26 meses en rima
Método clásico

O merenzao de Algueira. Nova anada 😍
17/12/2024

O merenzao de Algueira. Nova anada 😍

shshshsh... Burbullas das Bateas 2015 (degolado en 2023).
16/12/2024

shshshsh... Burbullas das Bateas 2015 (degolado en 2023).

Onte un grupo de 25 persoas puidemos coñecer as novedades de Xosé Lois Sebio no restaurante A Maceta.Sebio é coñecemento...
13/12/2024

Onte un grupo de 25 persoas puidemos coñecer as novedades de Xosé Lois Sebio no restaurante A Maceta.
Sebio é coñecemento, experiencia e grandes viños. Un dos nomes propios do panorama vitivinícola galego actual con proxección internacional.
Sebio é Ribeiro con conciencia histórica.
Foi unha gozada compartida coa man de Jorge Gago e todo o persoal da Maceta no seu magnífico espazo.

Portal de doces galegos 😋
10/12/2024

Portal de doces galegos 😋

Últimas prazas para este xoves‼️ Estaremos no restaurante A Maceta con Xosé Lois Sebio coñecendo e probando os seus novo...
09/12/2024

Últimas prazas para este xoves‼️ Estaremos no restaurante A Maceta con Xosé Lois Sebio coñecendo e probando os seus novos proxectos no Ribeiro.

Proba de viños con Xosé Lois Sebio.

09/12/2024

Dirección

Rúa Fonte De Santo Antonio 10
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Martes 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Miércoles 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Jueves 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Viernes 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30
Sábado 10:30 - 14:00
17:00 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando VIDE, VIDE publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a VIDE, VIDE:

Videos

Compartir

Vide Vide!

VIDE, VIDE! Espazo enocultural, Somos unha tenda especializada en viños galegos no centro de Santiago de Compostela con vocación divulgadora da cultura do viño.

Un espazo diferente en Compostela con sala de catas e actividades e unha ampla tenda física para a venda directa. Estamos no nº 10 da rúa dá Fonte de Santo Antonio.