👉👩🌾👨🌾🐄🍯🍺🧀🥚🌷🌺🥃 Xornadas Lalín Conecta do “Plan Talento Lalín” da DUSI LALÍNSSUMA21
👉 O luns 13 de febreiro terá lugar a terceira das xornadas do Lalín Conecta coa participación de Piscofino Goumert, Trasdeza Natura, Licores Pousa, Viveiros Agra e Pazo Quinteiro da Cruz.
👉👩🌾👨🌾🐄🍯🍺🧀🥚🌷🌺🥃 Xornadas Lalín Conecta do “Plan Talento Lalín” da DUSI LALÍNSSUMA21
👉 A segunda das xornadas terá lugar o xoves, 9 de febreiro, coa participación dos apicultores David Liñares e Abel Mato de De Liñares e Antoxo do Carrio; Verónica Núñez, de Caurelor produtos manufactura naturais; Ana Correidora de Granxa A Cernada e José Silva, que dirixe a explotación Pazo de Des.
Xornadas Lalín Conecta do “Plan Talento Lalín” da DUSI LALÍNSSUMA21
👉 A primeira das xornadas terá lugar o luns, 6 de febreiro, coa participación da presidenta de Agaca, Carmen Rodríguez; a enóloga Marta Castro-Pintos que dirixe xunto a súa irmá a adega Lagar de Pintos; Noelia Sampayo de Lácteos Anzuxao e Carlos Brea de Cervexa Toupiña.
Estamos a recuperar o barrio de Manuel Rivero. Pero quen era este señor 👨🏻🏫?
Descúbrecho no vídeo o cronista oficial de Lalín, Daniel González Alén.
▶️ Dálle ao play.
#manuelrivero #habitandoosbarrios #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi
🤔 Sabes como xurdiu o barrio de Manuel Rivero?
Cóntacho neste vídeo Daniel González Alén, 📜 cronista oficial de Lalín.
Coma sempre, un gusto escoitalo.
▶️ Dálle ao play.
#manuelrivero #habitandoosbarrios #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi
Queres coñecer o Plan de Recuperación social do barrio do Manuel Rivero❓
Na web https://manuelrivero.lalin.gal/ contámosche:
✅ como o proxecto nace da necesidade de dar resposta a unha serie de carencias identificadas dentro do núcleo urbano de Lalín dentro do tecido social, económico e asociativo.
✅ que reformas imos levar a cabo nos 3 edificios de titularidade municipal nos números 1, 3 e 5 da rúa Manuel Rivero, e do antigo colexio Manuel Rivero, actualmente sen uso escolar, situado fronte ás 3 edificacións.
✅ como van mellorar estas insfrestruturas públicas abandonadas e a oferta de espazos para usos sociais.
Resultados que os veciños poderán gozar grazas a esta actuación da Estratexia EDUSI #lalinssuma21 , cofinanciada con fondos FEDER 🌍.
Que che parece o proxecto? Lemoste nos comentarios 👇🏻
#manuelrivero #habitandoosbarrios #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi
Seguimos coñecendo a historia de 📍 Donramiro con Daniel González Alén, cronista oficial de Lalín.
Neste vídeo cóntache:
▪️ a evolución da parroquia
▪️ lalinenses ilustres que naceron aquí, coma Ramón María Aller ou o pintor Laxeiro
▪️ edificios emblemáticos coma o Pazo de Filgueiroa
Moitas grazas, Daniel, por compartir con nós estes anaquiños da historia de Lalín.
▶️ Dálle o play!!
#donramiro #habitandoopatrimonio #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi
Canto sabes sobre Donramiro? Que che parece se nolo conta quen máis sabe da historia da vila?
▶️ Dálle ao play para coñecer a orixe de Donramiro e outras curiosidades desta parroquia.
Daniel González Alén, cronista oficial de Lalín, fálanos sobre:
📌 O xacemento arqueolóxico do Castro de Donramiro, un observatorio "natural" sobre a cidade de Lalín.
📌 A singular capela de Montserrat, moi visitada polos lalinenses e lalinensas, situada ao pé do Castro.
📌 A igrexa parroquial románica de Santa María, do século XI.
Unha área de gran valor histórico e patrimonial que agora vai ser rehabilitada polo Concello.
#donramiro #habitandoopatrimonio #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi
Coa rehabilitación de Donramiro queremos:
✅ rexenerar o espazo público ao redor da igrexa románica e dos seus accesos.
✅ crear un novo equipamento municipal neste núcleo rural de grande interese turístico e histórico.
✅ conservar, mellorar e revitalizar a parroquia.
✅ preservar e difundir o patrimonio etnográfico, arquitectónico, cultural e histórico que o integra.
Sen dúbida, un proxecto singular que será un modelo de referencia en canto á rexeneración urbana e a á posta en valor dos 📍 núcleos rurais singulares.
E do que se beneficiarán a veciñanza e os visitantes de Lalín.
Tes máis info en ➡️ https://donramiro.lalin.gal e no folleto informativo que atoparás no Concello.
Que che parece esta actuación da Estratexia EDUSI #lalinssuma21? Cóntanos nos comentarios 👇🏻
#donramiro #habitandoopatrimonio #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi
Moi pronto estará dispoñible: Lalín Infinito ♾️.
Que é iso?
Pois a plataforma na que estarán integradas todas as solucións 💡 'smart' do Concello.
➡️ Isto permitiranos ofrecer servizos personalizados aos veciños e mellorar a vosa experiencia na relación coa Administración Local e cos servizos da cidade.
Ademais, Lalín Infinito incluirá un 💻 portal web e unha 🤳 aplicación para acceder aos contidos do Concello, completados con recursos multimedia, ademais doutros servizos coma a xestión de reserva de eventos ou de zonas de aparcadoiro.
Así é o plan ‘Smart City Lalín’.
▶️ Dálle ao play no vídeo para ver o resumo da actuación: https://youtu.be/sTD5pufWTys
Boa fin de semana!!
#habitandounhasmartcity #smartcity #lalininfinito #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi
Entra na web https://smartcity.lalin.gal e coñece todos os detalles do proxecto 'Smart City Lalín'.
Esta operación fai súa a filosofía de transformación urbana baseada no aproveitamento do progreso tecnolóxico. E xusto é o que fixemos para:
✅ Xerar redución de custos na prestación dos servizos públicos mantendo a calidade.
✅ Mellorar a calidade do mantemento dos custos ou aumentalo de forma non proporcional e vantaxosa.
✅ Prestación de novos servizos.
Nestes días contarémosche todas as accións levadas a cabo dentro de 'Smart City Lalín', unha actuación cofinanciada nun 80% con Fondos FEDER 🌍.
Mentres, infórmate de todo na web 👉🏻 https://smartcity.lalin.gal
#habitandounhasmartcity #smartcity #lalininfinito #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi
▶️ Dálle ao play no vídeo para coñecer as melloras da eficiencia enerxética nas instalacións deportivas municipais.
https://youtu.be/4tfzY4GUVQk
E dálle un like e compárteo no teu perfil cos teus amigos e veciños.
#habitandoconsostibilidade #anxocortizo #lalinarena #habitandoonoso #concellodelalin #dusi #lalinssuma21 #feder #edusi