
11/10/2024
O recoñecido sumiller Ferran Centelles, colaborador habitual de Jancis Robinson, unha das publicacións de referencia no mundo do viño, publicou recentemente un extenso artigo sobre a súa visita á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Durante a súa estadía, Centelles tivo a oportunidade de realizar unha cata a cegas o pasado 16 de maio organizada polo Consello Regulador. O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o 7 de outubro na prestixiosa web de Jancis Robinson, e subliña a singularidade dos viños desta D.O.
O recoñecido sumiller Ferran Centelles, colaborador habitual de Jancis Robinson, unha das publicacións de referencia no mundo do viño, pub...